Esta ferramenta nace para dar resposta ao novo contexto normativo e a demanda por parte das empresas, axentes sociais e entidades públicas e privadas de contar cunha ferramenta que permita avanzar en igualdade nas organizacións, é dicir, trata de incorporar elementos que resposten á diversidade das empresas e a súa realidade, axudando a avanzar cara unha cultura das organizacións e unha sociedade máis igualitarias.
Ten como obxectivo dotar ás empresas de Galicia dun instrumento gratuíto, moderno e de calidade que lles permita avaliar de xeito periódico o seu nivel de madurez e impacto en relación coa igualdade de xénero. Do mesmo xeito, a ferramenta está pensada para coñecer a súa situación comparativa respecto doutras organizacións con diferentes niveis de madurez, recursos e actividade.
As conclusións e informe resultantes desta ferramenta servirán de base para unha necesaria reflexión interna en cada empresa. Unha reflexión que permita definir e implantar medidas e plans para a mellora da situación da empresa en materia de igualdade de xénero.
Por favor, proporcione respostas reais e fiables. As respostas que vostede dea non terán ningún tipo de efecto ou consecuencia nas decisións da Xunta de Galicia. A finalidade desta enquisa de autoavaliación é proporcionar recomendacións que sexan de utilidade para a súa entidade. A información servirá para complementar as políticas públicas de igualdade.