Ferramenta de autodiagnóstico en igualdade laboral
  • Ferramenta de autoavaliación en igualdade laboral nas empresas de Galicia

    Esta ferramenta nace para dar resposta ao novo contexto normativo e a demanda por parte das empresas, axentes sociais e entidades públicas e privadas de contar cunha ferramenta que permita avanzar en igualdade nas organizacións, é dicir, trata de incorporar elementos que resposten á diversidade das empresas e a súa realidade, axudando a avanzar cara unha cultura das organizacións e unha sociedade máis igualitarias.

    Ten como obxectivo dotar ás empresas de Galicia dun instrumento gratuíto, moderno e de calidade que lles permita avaliar de xeito periódico o seu nivel de madurez e impacto en relación coa igualdade de xénero. Do mesmo xeito, a ferramenta está pensada para coñecer a súa situación comparativa respecto doutras organizacións con diferentes niveis de madurez, recursos e actividade.

    As conclusións e informe resultantes desta ferramenta servirán de base para unha necesaria reflexión interna en cada empresa. Unha reflexión que permita definir e implantar medidas e plans para a mellora da situación da empresa en materia de igualdade de xénero.

    Instrucións

    • Complete este formulario.
    • Enviarémoslle un correo electrónico cun enlace de acceso exclusivo para a súa organización.
    • Ao finalizar a enquisa de autodiagnóstico, recibirá un informe coa avaliación.

    Por favor, proporcione respostas reais e fiables. As respostas que vostede dea non terán ningún tipo de efecto ou consecuencia nas decisións da Xunta de Galicia. A finalidade desta enquisa de autoavaliación é proporcionar recomendacións que sexan de utilidade para a súa entidade. A información servirá para complementar as políticas públicas de igualdade.

    Preste atención

    • Comprobe que os datos facilitados durante o proceso de rexistro son correctos, dado que, tras o seu envío á aplicación, non será posible modificalos.
    • Comprobe especialmente que introduciu correctamente un enderezo válido de correo electrónico, dado que, tras o seu rexistro non será posible modificala.
    • Se non recibe o correo electrónico tras o rexistro, é importante que confirme se a súa organización dispón de sistemas de filtraxe anti-spam de correo electrónico, e engada igualdade.emprego@xunta.gal aos seus contactos.
    • Recorde que se engade máis participantes á enquisa, o informe final non será enviado ata que todos os participantes completen o cuestionario.
  • Identificación da empresa

    Características

    Máis participantes (Máximo 10)

    Código de seguridade

    Acepto as condicións e termos de uso. A Dirección Xeral de Relacións Laborais, como responsable do tratamento dos datos persoais proporcionados, infórmalle que os datos serán tratados conforme ao disposto no Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de ditos datos (RGPD).

    Os seus datos persoais serán tratados polos procesadores de datos que proporcionan os Servizos. Todos os procesadores de datos que tratan os seus datos persoais utilizaranos coa única finalidade de proporcionar os servizos e estarán suxeitos ás obrigas do RGPD e aquelas outras leis aplicables.

    Con carácter xeral, os datos persoais proporcionados conservaranse durente o tempo necesario para atender a solicitude do usuario ou mentres non se solicite a súa supresión e, en ningún caso, serán utilizados para fins distintos sen o seu consentemento. En calqueira momento, a persoa usuaria poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición dos datos nos termos estabrecidos pola lei na seguinte dirección: igualdade.emprego@xunta.gal

    Se xa ten completado a enquisa con anterioridade e desexa recuperar o informe actualizado, por favor, indique o enderezo electrónico de rexistro e faga click en Recuperar Informe.